315 veces máis información que grans de area

O xornal El Pais publica uha referencia sobre un estudio sobre a cantidade de información dixital que hai na actualidade. A conclusión á que chegan os investigadores é que hoxendía se poden almacenar alomenos 295 trillóns de bytes, ou exabytes (un byte é unha tira de 8 bits, como por exemplo 10010110). Recordemos que 295 trillóns de bytes son`29500000000000000000000` bytes`= 2.95 cdot 10^20` bytes `= 295` exabytes`
Para que nos fagamos unha idea: din os investigadores que esta cantidade é aproximadamente 315 veces o número de grans de area que hai na Terra, pero que é 100 veces mais pequena que a cantidade de información que almacena o ADN humano.


Outra cifra impresionante do estudo son que os ordenadores nese ano computaron 6,4 trillóns de instrucións por segundo`= 6.4 cdot 10^18  IPS= 6.4 cdot 10^12  MIPS`, o que equivale en orden de magnitude ao número de impulsos nerviosos executados por un só cerebro humano: como ben deducen en microsiervos, todos os ordenadores do planeta veñen a contar, mais ou menos, como o cerebro dunha persoa.
Para saber mais:

2 comentarios:

  1. profe non seria gran en lugar de graos?¿?¿

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, tes razón. Grazas polo aviso, xa queda correxida a falta de ortografía.

    ResponderEliminar