Facendo "doodles" na clase de matemáticas: árbores binarios

Un "doodle" ou garabato é un debuxo que unha persoa fai mentres ten a súa atención centrada en outra cousa. Non parece haber unha palabra equivalente en galego ou castelán, polo que de momento usaremos o termo inglés tamén nas nosas linguas. Os doodles poden ser debuxos que representen algo concreto, ou simplemente patróns abstractos.

Unha situación típica na que se fan os doodles é durante as chamadas telefónicas, cando temos a man un lapis e un papel. Pero onde realmente abundan é nos cadernos escolares dos estudantes de todas as idades, debuxados por alumnas e alumnos distraídos ou que non teñen interese polas clases. Hoxe mesmo vin como un alumno meu iba repasando con boligrafo toda a trama cuadriculada dunha páxina do seu caderno. Como este deseño me pareceu moi pobre, prometinlle que iba a publicar un video onde podería aprender a facer debuxos mais bonitos (e con contido matemático).

Descubrín este concepto visitando o blogue dunha matemática norteamericana chamada Vi Hart, que publicou varios videos facendo sinxelos garabatos no papel con un grande significado matemático. O que mais me gustou é este, no que explica e constrúe uns debuxos chamados árbores binarios. O video está en inglés e outro día farei unha traducción ou lle poño uns subtítulos. De todas maneiras, para ver como se fan os debuxos non fai falla entender todo:



Outros doodles desta autora inclúen estrelas, serpes e grafos, elefantes infinitos e números pirados.

Para saber mais: