A conducción automática e Jean-Claude Van Damme

Nunha clase de 2º ESO xurdeu o tema dos cambios tecnolóxicos difíciles de imaxinar no presente pero que nos esperan no futuro; cando eu era rapaz os teléfonos móbiles só aparecían nas películas mais fantasiosas, e cando estaba na Universidade Internet era algo inaccesible para todo o mundo excepto algúns profes dalgunhas Facultades. Alguén dixo "os coches que conducen sós", e eu dixen: "Pois sí". Pero a vos costábavos crer algunhas das cousas que vos contei que xa estaban sucedendo, así que este post vai para demostralo.
Non falta moito para que a conducción automática comece a facerse común. Desde que o ABS (sistema de control para o freado) apareceu ata hoxe, os sistemas de control da conducción nos vehículos avanzaron tanto que xa podemos imaxinarnos un futuro cercano no que poidamos soltar o volante e que o coche conduza.
Na miña opinión, isto é posible pola conxunción de tres factores:
  • o desenvolvemento de sensores mais potentes, precisos e baratos que permiten medir todo tipo de variables físicas: velocidade, aceleración, dirección, posición, distancia etc. Así os sistemas saben que está pasando en cada instante.
  • a aparición de modelos informáticos que permiten predecir as situacións na que podería estar ese sistema nun futuro inmediato, así como cal sería a opción mais adecuada para escoller: os sistemas saben o que teñen que facer.
  • a explosión da velocidade de cálculo, abaratamento e reduccion de tamaño dos ordenadores: poden medir o que pasa e decidir que facer centos ou miles de veces por segundo: os sistemas actuan a unha velocidade inalcanzable para o ser humano.
Agora os videos: algúns son todavía prototipos de investigación, pero outros son sistemas á venda ou a punto de comercializarse:

Robot voladores equilibristas

Un cuadracóptero tiralle un pau a outro que o colle no aire e en equilibrio vertical; logo lánzallo outra vez ao primeiro, facendo os cálculos de posicións e velocidades unhas 50 veces por segundo. Neste caso o sistema de sensores e cálculo está fora dos robots voadores. O sistema aprende co tempo (mais información)


Coches de xoguete que compiten entre sí pilotándose a si memsos

Os coches deste xogo de carreiras saben por onde vai o circuito grazas a sensores infravermellos, e saben tamén onde están os seus competidores. Calculan 500 veces por segundo a súa posición,  e logo analizan centos, ás veces miles de traxectorias posibles con esta información e deciden cal é a mellor. Controlan a traxectoria actuando sobre cada roda de forma independiente. Comparado coa escala real, sería como se se moveran a 400 km/h (mais info)


Coches que conducen sós pola estrada

Un camión conducido por un humano guia a outro camión e 3 coches que son conducidos automáticamente por autovías de Barcelona. Circulan detrás do camión principal conservando a distancia sen que os ocupantes teñan que intervir. (mais información)


Conducción automática de competición

Un coche de Google conducido por ordenador leva a un periodista a dar unha volta a toda velocidade en circuito pechado: a velocidade máxima que alcanza é 70 km/h  (mais información)


Sistema de frenado automático de Volvo.

Increible, pero non hai choque:


O spagat perfecto de Jean-Claude Van Damme

O spagat é un exercício físico que consiste en abrir as pernas ata formar un ángulo de 180º ou mais (coñeces a alguén capaz disto?) Jean-Claude Van Damme é un actor de filmes de acción con fama de dar patadas no aire facendo o spagat. Con 53 anos, protagonizou este anuncio de Volvo do sistema de marcha atrás asistida para camións e trailers.



A estudar moito para ser vos quen construades estes sistemas no futuro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario