Mostrando entradas con la etiqueta potencias de 10. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta potencias de 10. Mostrar todas las entradas

Falemos do tamaño ...

Cóstanos un puco visualizar o que é unha cantidade astronómica. Nin poñendo moitos ceros nin axudándonos cos expoñentes da notación científica nos collen na cabeza os tamaños astronómicos. Por iso é interesante esta simulación ou representación gráfica sobre o tamaño relativo dos principais astros do Sistema Solar e algunhas estrelas alleas a él.



Para saber mais:
  • Antares, a estrela máis brillante da constelación de Escorpión.

315 veces máis información que grans de area

O xornal El Pais publica uha referencia sobre un estudio sobre a cantidade de información dixital que hai na actualidade. A conclusión á que chegan os investigadores é que hoxendía se poden almacenar alomenos 295 trillóns de bytes, ou exabytes (un byte é unha tira de 8 bits, como por exemplo 10010110). Recordemos que 295 trillóns de bytes son`29500000000000000000000` bytes`= 2.95 cdot 10^20` bytes `= 295` exabytes`
Para que nos fagamos unha idea: din os investigadores que esta cantidade é aproximadamente 315 veces o número de grans de area que hai na Terra, pero que é 100 veces mais pequena que a cantidade de información que almacena o ADN humano.


Outra cifra impresionante do estudo son que os ordenadores nese ano computaron 6,4 trillóns de instrucións por segundo`= 6.4 cdot 10^18  IPS= 6.4 cdot 10^12  MIPS`, o que equivale en orden de magnitude ao número de impulsos nerviosos executados por un só cerebro humano: como ben deducen en microsiervos, todos os ordenadores do planeta veñen a contar, mais ou menos, como o cerebro dunha persoa.
Para saber mais: