Mostrando entradas con la etiqueta aritmética. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aritmética. Mostrar todas las entradas

Matemaxia co cuadrado dunha suma

Arthur Benjamin fai matemaxia nesta entretida actuación do ano 2005 en TED. Este matemago consegue atrapar á audiencia calculando o resultado de elevar números ao cuadrado, cousa que ten moitísimo mérito, porque é un cálculo bastante aburrido.
[NOTAS: Recoméndase buscar unha calculadora para ver a actuación; o video está en inglés pero se lle poden poñer subtítulos en spanish]



Pero, como o fai? Pois con moito entrenamento, unha gran capacidade para o cálculo mental, e unha fórmula alxébrica que non é ningún segredo: os productos notables. O alumnado de 3º da ESO debe manexar esta fórmula con soltura, así que non estamos falando de algo complicadísimo. Trátase da identidade do cuadrado dunha suma:
`(a+b)^2=a^2+2 cdot a cdot b+b^2`
Xa, pero, como se pode usar para obter o cuadrado de números grandes? Pois a idea é descompoñer un número como `73` na suma de `70+3` e entón teremos que `73^2=(70+3)^2`
Agora usamos a identidade para transformala nunha suma mais sinxela. Con un pouco de entrenamento poderíamos facelo mentalmente e con rapidez:
`73^2=(70+3)^2=70^2+2 cdot 70 cdot 3+3^2=4900+420+9=5329`
A identidade do cuadrado dunha suma garante que isto funcione sempre con calquera número:
`49^2=(40+9)^2=40^2+2 cdot 40 cdot 9 +9^2=1600+720+81=2401
Aqueles e aquelas que mais sabedes podedes atrevervos a facer este último cálculo usando outra identidade distinta: o cuadrado dunha resta:
`(a-b)^2=a^2-2 a b+b^2`
Sabendo que `49 = 50 -1` entón:
`49^2=(50-1)^2=50^2-2 cdot 50 cdot 1 +1^2=2500-100+1=2401`
É mais fácil aínda!!
E para rematar, a opinión que ten Arthur Benjamin sobre o que se debe ensinar nas clases de matemáticas:
[NOTA: o video está en inglés pero se lle poden poñer subtítulos en galician!]

315 veces máis información que grans de area

O xornal El Pais publica uha referencia sobre un estudio sobre a cantidade de información dixital que hai na actualidade. A conclusión á que chegan os investigadores é que hoxendía se poden almacenar alomenos 295 trillóns de bytes, ou exabytes (un byte é unha tira de 8 bits, como por exemplo 10010110). Recordemos que 295 trillóns de bytes son`29500000000000000000000` bytes`= 2.95 cdot 10^20` bytes `= 295` exabytes`
Para que nos fagamos unha idea: din os investigadores que esta cantidade é aproximadamente 315 veces o número de grans de area que hai na Terra, pero que é 100 veces mais pequena que a cantidade de información que almacena o ADN humano.


Outra cifra impresionante do estudo son que os ordenadores nese ano computaron 6,4 trillóns de instrucións por segundo`= 6.4 cdot 10^18  IPS= 6.4 cdot 10^12  MIPS`, o que equivale en orden de magnitude ao número de impulsos nerviosos executados por un só cerebro humano: como ben deducen en microsiervos, todos os ordenadores do planeta veñen a contar, mais ou menos, como o cerebro dunha persoa.
Para saber mais: